domingo, 30 de enero de 2011

sábado, 29 de enero de 2011

Entramos todos no autobús?

Hoxe imos celebrar o día da Paz na EEI de Vilarrodís e
precisamos un bus para ir .A empresa manda un de 40
plazas , entraremos nel?. Imos calculalo.


Finalmente resolvimos o problema , todos entramos no bus e aínda sobraron 5 plazas.

Flota ou afunde 2


As cousas flotan igual na auga doce que na salgada?
Comprobamos que non é así, por eso sempre é máis fácil nadar na auga do mar que na da piscina.

miércoles, 26 de enero de 2011

Día Mundial da Educación Medioambiental



Hoxe día 26 de xaneiro celebramos o "Día Mundial da Educación Medioambiental" que nós practicamos a diario dentro do programa Voz Natura.
Para celebralo elaboramos un cartel conmemorativo, fixemos a plantación das patacas e colocamos os carteis do plantado no horto ata o momento.
Feliz día da Educación Medioambiental a todos!

viernes, 21 de enero de 2011

Biblioteca de Plástico




No cole novo non temos moito espazo para expoñer os libros e que estén visibles e accesibles para os nenos e nenas. Solucionamos este problema creando unha biblioteca co plástico de forrar os libros, colgámola da parede con velcro.


Xogar a Ler


Empezamos a actividade "Xogar a Ler" que facemos todos os fins de semana coas nosas familias na casa. Levamos un libro que nos len e no caderno recollemos o título, os autores, decimos si nos gustou ou non e debuxamos algo sobre o lido. O luns compartimos cos compañeiros as experiencias da lectura.


Vacinas de cores



Hoxe pintamos con xiringas, tardamos un pouco en coller o truco, pero despois ...mirade que cadros.

jueves, 20 de enero de 2011

Flota ou afunde

Seguimos a experimentar coa auga e agora decidimos averiguar que obxectos flotan e cales afunde. Empregamos o método científico: elaboramos hipóteses sobre o que vai suceder, realizamos o experimento e valoramos o acontecido comparandoo coas hipóteses establecidas. Rematamos recollendo os datos observados durante o proceso.


Feliz cumple SARA!!!

Hoxe 20 de xaneiro Sara cumpliu 4 anos FELICIDADES!!!!


miércoles, 19 de enero de 2011

Nós e a Auga

Pedímoslles ás familias que trouxeran á escola unha foto dos nenos e nenas na que aparecesen en contacto coa auga, as profes tamén trouxemos fotos de cando éramos pequenas.
Aquí podemos ver que precisamos da auga na nosa vida diaria para facer un montón de cousas, algunhas moi necesarias e outras moi divertidas.



Despedindo a Ariadna

Este martes despedimos á profe Ariadna, que estivo con nós desde primeiros de curso. A ela desexámoslle o mellor no seu novo destino e que non se olvide dos nenos e nenas de Barrionovo.




domingo, 16 de enero de 2011

Auga de cores

Dentro do proxecto "Mollámonos coa auga" esta semana traballamos a cor da auga e experimentamos como facer auga de cores.


Familias con moita Arte

Para adornar a escola no tempo de Nadal mandamos às casas unhas plantillas cunha Zambomba para que toda a familia as decorara, mirade a arte que se gastan.





sábado, 15 de enero de 2011

Nadal

Mudamos de Barrio

No mes de decembro dixemos ata logo ao cole vello e mudamos a uns módulos prefabricados para que nos fagan un cole novo.
Aquí tedes as fotos do último día e as da clase que atopamos no"Novo Barrio".

viernes, 7 de enero de 2011

Cen por cen Seoane



Antes das vacacións de Nadal fixemos unha visita á Fundación Caixa Galicia na Coruña para ver a exposición "Cen por Cen Seoane" que conmemora o centenario deste maravilloso e polifacético artista.
Para preparar a visita aprendimos a técnica do grabado con linóleo que tan ben empregou Seoane. Con esta técnica fixemos un grabado dun polbo que levamos o día da saída.
Na Fundación fixéronnos unha maravillosa visita guiada na que nos contaron un conto sobre a vida e obra de Luis Seoane. Despois fixemos un taller de pintura e estampado.

Os luns lemos o xornal

Grazas á nosa participación no programa Voz Natura , todos os luns recibimos o xornal no cole. Así imos descubrindo o que é un xornal, que seccións ten, de que falan as noticias...

Falan de xente que está enamorada.

Falan das nevadas que cubriron Galicia porque facía moito , moito frío.

Hai mapas que falan do tempo que imos ter e no que vemos o lugar onde nos vivimos.


Os luns descubrimos que no xornal hai un montón de cousas para aprender.

miércoles, 5 de enero de 2011

Magosto

Polo magosto pasámolo fenomenal.Empezamolo día comendo o estupendo biscoito que nos fixo a mamá de Camilo, despois todos xuntos escoitamos o conto de "Dona Carme" e finalmente comimos as castañas nuns vasiños que as nosas familias nos axudaron a decorar. Ah! tamén probamos unhas deliciosasa trufas de castaña e bailamos e cantamos.






Mollámonos coa auga


Este é o título do proxecto de traballo deste curso escolar.Estaredes ao tanto do mesmo a través do blog de Voz Natura:

martes, 4 de enero de 2011

Samaín

Para celebrar o Samaín en cada clase escollimos un conto sobre o que traballamos facendo adornos, máscaras...Así convertímonos na Clase dos Bandidos .
Por suposto valeiramos a cabaza que trouxo Nicolás e colocámola coas que trouxeron preparadas Adrián e Carla.
Durante a festa cada clase contou o conto escollido e despois cantamos e bailamos a canción do Samaín que aprendimos na clase de música.
Tamén tivemos tempo para comer unhas chuches de cabaza.





Aquí tedes o video da canción por si queredes cantala na casa.

Nosa primeira saída


A primeira saída fóra do cole fixémola para visitar a exposición de cabazas que polo Samaín organizaron no cole de Galán. Alí vimos centos de cabazas e ademáis convidaronnos a palomitas.


Tempo de traballar




Xa somos que de facer un montón de cousas, mirade como traballamos.

Tempo de ler



Todos os días despois de merendar temos un tempo de lectura, nel compartimos e descubrimos historias novas e fantásticas. E tamén vemos que nos libros se poden aprender un montón de cousas.