jueves, 31 de marzo de 2011

ANDERSEN

O DÍA 2 DE ABRIL CELÉBRASE EN TODO O MUNDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL,EN LEMBRANZA DE ANDERSEN. ASÍ EMPEZAMOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES PARA COÑECER UN POUCO A ESTE AUTOR E A SÚA OBRA.

martes, 29 de marzo de 2011

Xapón


Seguimos a aprender cousas do Xapón.
Pintamos a súa bandeira, localizamos no plano Xapón e Pastoriza guiándonos pola bola do mundo e aprendemos a comer con palillos como fan alí, non é doado!!!

lunes, 28 de marzo de 2011

Marcadores Fluorescentes




Hoxe empregamos uns marcadores fluorescentes para debuxar, trazar liñas e facer números e letras.

Ábrete libro!!!






Hoxe apareceu unha caixa misteriosa na escola, abrímola e apareceu unha lenda :"Ábrete libro" e un libro para ler neste día.
Teremos que abrir a caixa todos os días a ver se aparecen mais libros...para abrir, ler e disfrutar.


miércoles, 23 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O Martes celebramos o "Día Mundial da Auga". Partindo da lectura do libro "10 cosas que puedo hacer para ayudar a mi mundo"decidimos experimentar o que alí conta que ocorre cando non pechamos a billa ao lavar os dentes.Este simple xesto equivale a 18 vasos de auga . Imos comprobar canto é isto.
Vemos que é unha barbaridade e que con pechar a billa tres persoas mentras lavan os dentes aforramos auga dabondo para poder regar un horto.

lunes, 21 de marzo de 2011

UN POETA NO DÍA DA POESÍA

O AVÓ DE PABLO É POETA E HOXE ACOMPAÑOUNOS PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA. INCLUSO ESCRIBIU UN POEMA PARA NÓS QUE FALA DUN BARCO.
AQUÍ TEDES UNHA ENTREVISTA QUE LLE FIXERON NO XORNAL CANDO PUBLICOU O SEU LIBRO DE POEMAS "XENTES E LEMBRANZAS".PASAMOS UN RATO MOI BO CON FARRUCO DE MANTOÑO.



DÍA MUNDIAL DA POESÍA


HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA , LEMOS AS POESÍAS QUE ESCIBIMOS NA CASA COAS FAMILIAS. VEMOS QUE FALAN DE COUSAS MOI DIFERENTES, UNHAS SON CURTAS E OUTRAS MAIS LONGAS, UNHAS RIMAN E OUTRAS NON...
PERO TODAS SON MOI BONITAS.
GÚSTANNOS AS POESÍAS!!!

Chegou a Primavera!!!



Hoxe chegou a primavera e así foi como o celebramos.




sábado, 19 de marzo de 2011

Volcán

Como todos os xoves realizamos o noso experimento. Esta vez decidimos facer un volcán, para falar un pouco dos elementos da natureza e a forza dos mesmos.
Que é un volcán?
Camilo di que é a lava que está moi quente e non se pode tocar porque queima,e que é de cor laranxa.
Carla di que ten fuego.
Tras un rato de debate vemos este vídeo impresionante.



Como fixemos o experimento:




O noso vídeo.

viernes, 18 de marzo de 2011

Pluviómetro


Construimos cun vaso de auga un pluviómetro, marcamos tres medidas para ver a auga que recollemos.
Temos que poñelo fóra porque dentro non chove.
Así que o plantamos no horto cuns depresores.
Cada aula ten o seu e para distinguilos adornámolos coas nosas mascotas: bandidos, pantasmas e mouchos.
Agora só falta que chova para empezar co rexistro de datos.

jueves, 17 de marzo de 2011

As 5 Vogais

Hoxe vimos este vídeo e despois traballamos as vogais.





Seoane a dúas tintas


Recreamos un dos grabados que vimos na visita á exposición
"Cen por cen Seoane".
Esta vez empleamos dúas tintas, xa que queremos traballar
o fondo e a forma.
Aplicamos o fondo e ao día seguinte as formas, como facía
Seoane.

martes, 15 de marzo de 2011

viernes, 11 de marzo de 2011

Y el pequeñito dijo...!

Para ver o traballo sobre este libro PINCHADE AQUÍ

Seguimos xogando a ler


Seguimos levando todos os fins de semana libros para casa , onde xogamos a ler coa familia.
Mirade que cousasa facemos despois coa súa axuda.

Doces Matemáticas

Claudia trouxo unha caixa de bombóns e aproveitamos para facer un pouco de Matemáticas.
Chegarán os 44 bombóns para todos se hoxe estamos 15 na clase?
Teñen claro que si.
Chegarán para comer mais dun bombón cada un?
Aí xa non o temos moi claro, xurden as dúbidas.
Pois imos resolvelo repartindo os bombóns ao tempo que imos riscando na plantilla os que van repartidos. Comprobamos que tocamos a dous cada un, porque ao final quedan 14 e xa non chegan para todos, falta 1.
Ainda que fixemos un pequeño apaño, pero iso xa é un segredo.....SSSSSS!

jueves, 10 de marzo de 2011

lunes, 7 de marzo de 2011

Falan de nós no xornal


Hoxe no xornal "La Voz de Galicia" fan referencia á nosa celebración do Entroido.
MIRADE AQUÍ para ler a noticia.


Montando o Entroido

Aquí vedes como cunhas caixas de cartón e un pouco de maña montamos o decorado do Entroido.

domingo, 6 de marzo de 2011

sábado, 5 de marzo de 2011

Correndo o Entroido por Pastoriza



Este venres estivemos a correr o Entroido polo noso lugar:
Pastoriza. Temos que dar as grazas aos papás, mamás, avós
avoas e demais que estiveron a acompañarnos .
GRAZAS a vós todo resultou estupendo .
E GRAZAS polos disfraces e pola merenda.
As festas todos xuntos son mais festas.
FELIZ ENTROIDO!!!

ENTROIDO NO FONDO DO MAR


QUEN VIVE NA PIÑA DEBAIXO DO MAR?

Continúamos coa misteriosa aparición de personaxes.
Para o xoves xa estaban todos xuntos no fondo do mar.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Quen asusta a quen?

Hoxe Carla comentou que pola noite tivo que ir para cama de papá porque tiña medo.
-"De quen ?"- lle pregutamos.
-"Del monstruo"- dixo Claudia.
Pero en realidade "Quen asusta a quen?"

The Monstrejo from Pep Lluis Llado on Vimeo.

Debuxamos os nosos monstros e os atrapamos no papel

para que así non volvan a aparecer pola noite.




MANDADIÑOS DO ENTROIDO


O MÉRCORES NON COCIÑARÁS
MAIS UN MANDIL TRAERÁS