viernes, 30 de septiembre de 2011

A fraga é un tapiz..

            "La fraga es un tapiz de vida..."
         Así comenza "El bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez.
Hoxe pintamos entre todos o noso tapiz con pasteis das cores do outono e despois aproveitamos as toallitas húmidas coas que nos limpamos para compoñer outro.

Creando

Tapiz con pasteis


Tapiz con toallitas

jueves, 29 de septiembre de 2011

Unha de cine

HOXE FOMOS AO CINE NO C.C.C DE ARTEIXO XUNTO COS NEN@S DE 1º DE GALÁN.
LEVAMOS AS NOSAS ENTRADAS PAR PODER VER "O BOSQUE ANIMADO".





AQUÍ TEDES FRAGMENTOS DE PELI OFRECIDOS POR "biblioBN"


Á VOLTA RECORDAMOS CANTO COSTOU A ENTRADA DO CINE , CONTAMOS AS MOEDAS , PEGÁMOLAS XUNTO COA ENTRADA E ESCRIBIMOS O SEU VALOR.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Escribimos Notas

UN DOS OBXECTIVOS DE ESCRITURA DESTE CURSO É VIVIR A NECESIDADE DAS NOTAS NA VIDA COTIÁ , LÉNDOAS , ELABORÁNDOAS CONXUNTAMENTE E ESCRIBÍNDOAS SEGUNDO AS NOSAS POSIBILIDADES.
HOXE ESCRIBIMOS A NOSA PRIMEIRA NOTA PARA QUE AS FAMILIAS SAIBAN QUE DÍA TEMOS QUE TRAER CHANDAL E TENIS.




Comprando as entradas

COMO XA SABEDES MAÑÁ IMOS AO CINE , HOXE COMPRAMOS AS ENTRADAS NA TAQUILLA DO  BARRIOCINEMA.




martes, 27 de septiembre de 2011

Recibimos unha invitación


HOXE CANDO CHEGAMOS Á ESCOLA ATOPAMOS UN CARTEL NO QUE NOS CONVIDABAN AO CINE.
ONDE SERÁ?  CANDO?
IMOS BUSCAR ESTES DATOS NO CARTEL.




VEMOS UNS NÚMEROS QUE NOS INDICAN A DATA E DESPOIS POÑEMOS NO CALENDARIO O AUTOBÚS NO DÍA CORRESPONDENTE Á SAÍDA.

sábado, 24 de septiembre de 2011

Una Golondrina



                      Celebramos la nueva estación con una poesía.

                                                                    VER AQUÍ

viernes, 23 de septiembre de 2011

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Canto medraron os Xirasois ?

ALÁ POLO MES DE ABRIL TRANSPLANTAMOS OS XIRASOIS QUE NACERAN DAS PIPAS QUE TROUXERA NICOLÁS.
CANDO OS PLANTAMOS MEDÍAN 20 CM E A VOLTA DAS VACACIÓNS VIMOS QUE DOUS DELES CRECERAN MOITÍSIMO.
DECIDIMOS COMPROBAR CANTO MEDRARON EMPREGANDO O NOSO METRO.


martes, 20 de septiembre de 2011

Somos noticia

O OUTRO DÍA FOMOS NOTICIA , INAUGUROUSE O NOSO NOVO COLE !
TRABALLAMOS A NOTICIA BUSCANDO O TITULAR , A FOTO E A NOTICIA.
COMO A NOTICIA ERA DE ARTEIXO BUSCAMOS NUN MAPA ARTEIXO E 
A NOSA PARROQUIA : PASTORIZA.
MAIS TARDE REESCRIBIMOS A NOTICIA ENTRE TODOS.




viernes, 16 de septiembre de 2011

Composición con cartón

Onte pintamos unhas tiras cortadas dunha caixa de cartón , despois vernizámolas . Hoxe cos cartóns de todos fixemos unha composición libre e individual. Despois puxémoslle título á nosa creación.




                                        MIRADE AQUÍ O RESULTADO

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Un gato na árbore

Empezamos a traballar os nosos contos favoritos SUBIDOS NUNHA ÁRBORE.



                                                                       VER AQUÍ

Un curso nun BOSQUE ANIMADO

Este curso pasarémolo nun Bosque moi Animado, conmemoraremos o Ano Internacional dos Bosques aprendendo todo o que poidamos deles e das  criaturas que os habitan  e vendo a importancia que os Bosques teñen  nas nosas vidas .
E para iniciar o camiño aí vai este vídeo para VER e ESCOITAR.

               BENVIDOS A UN CURSO NUN BOSQUE ANIMADO!!