lunes, 28 de febrero de 2011
sábado, 26 de febrero de 2011
QUEN VIVE NA PIÑA DEBAIXO DO MAR?
Continúa a misteriosa aparición de personaxes de Bob Esponxa en lugares insólitos da escola.
Mirade, mirade!
jueves, 24 de febrero de 2011
XA TEMOS 100!
Xa xuntamos as cen velas para celebrar o centenario de Seoane. Prendimos 4, que son as que nós sopraremos este ano. Que poucos anos cumpriremos comparado con Seoane!.
Hoxe todos xuntos prendimos as 100 velas. menuda festa! Foi difícil apagalas todas pero conseguímolo.
Para rematar comimos o biscoito.
Que sabemos de ...?
Como sabedes polo Entroido estamos a traballar o mundo de Bob Esponxa, quremos que os nenos e nenas coñezan os animais reais nos que se inspiran os debuxos e realizar unha comparativa.
Por iso agradecemos moito esta busca de información realizada polas familias para poder iniciar o noso traballo.
GRAZAS A TODOS E TODAS!
Os Números da Miña Casa
Seguimos a descubribir que os números están en todas partes e que precisamos aprendelos e coñecelos para a vida cotiá.
Mirade cantos obxectos teñen números nas nosas casas.
martes, 22 de febrero de 2011
Auga de sabores
Xa vimos que a auga non sabía , pero nós decidimos darlle sabor cunhas froitas moi apetitosas. E vimos que a auga non só colle sabor senon tamén color e olor. Probade, probade..
viernes, 18 de febrero de 2011
QUEN VIVE NA PIÑA DEBAIXO DO MAR?
Xa imos descubrindo QUEN VIVE NA PIÑA DEBAIXO DO MAR?.
Onte apareceu Bob Esponxa entre as velas de Seoane e hoxe Patricio
nunha planta no cuarto de baño. ISTO É MOI RARO!
Seoane acuarelable
Como sabedes estamos a traballar a Luis Seoane. Hoxe coloreamos un autorretrato. Para facelo empregamos lápis acuarelables, primeiro coloreamos e despois pasamos un pincel con agua que transformou o lápis en acuarela.
Conejito va de Compras
Estos días estamos a traballar o mundo das tendas, aprendendo os seus nome, o que venden nelas...E para iso contamos coa axuda dun coelliño.
Pinchade AQUÍ para coñecer máis da actividade no noso blog de contos MENOS LOBOS...
Terceiro de Galán
Os de terceiro do cole de Galán enviáronnos onte 36 comentarios moi bonitos do noso blog. Por iso hoxe queremos darlles as grazas e mandarlles este pequeno cariño para todos eles e elas (tamén para os novos) e para o profe Paco.
GRAZAS DE TODO CORAZÓN
Foto da excursión fin de curso a Cabana de Bergantiños do curso 2009-2010.
miércoles, 16 de febrero de 2011
QUEN VIVE NA PIÑA DEBAIXO DO MAR?
Hoxe apareceu no corredor unha piña cunha lenda que preguntaba :
QUEN VIVE NA PIÑA DEBAIXO DO MAR?
Teremos que ir descubrindo quen vive ahí, todos din que BOB ESPONXA, pero solo él?.
Se queredes saber máis da piña consultade o blog de Voz Natura :http://blogs.voznatura.es/eeibarrionovo/2011/02/16/quen-vive-na-pina-debaixo-do-mar/
martes, 15 de febrero de 2011
Os Números da Miña Casa
Nestes días os nenos e nenas levarán a casa unhas fichas para completar coa familia. Pretendemos que tomen conciencia de que os números están en todas partes, forman parte da vida cotiá e por iso é tan importante saber deles.
Hai moitos números nas nosas casas : dentro e fóra.
TODOS XUNTOS IMOS DESCUBRILOS.
lunes, 14 de febrero de 2011
Miffy
sábado, 12 de febrero de 2011
ACUALECTURAS
jueves, 10 de febrero de 2011
A que sabe a auga?
Como todos os xoves fixemos un experimento da auga.
Queriamos averiguar a que sabe a auga.Falando
concluimos a hipótese de que a auga non sabe,
bueno a do mar sí, que sabe a sal.
Fixemos unha cata a cegas na que lles demos a probar auga, auga con gas, zumo e coca-cola.
Todos adiviñaron 3 dos sabores, ningún recoñeceu a auga con gas, para algún era un refresco, a outro lle picaba..
O que sí, verifícamos a hipótese de que a auga sabe a "NADA".
miércoles, 9 de febrero de 2011
Contamos ata Cen con Seoane
Traballando a Luis Seoane descubrimos que agora tería 100 anos. Canto será iso? Imos averigualo.
Pedimos ás familias que trouxeran velas ata xuntar cen.
Cada día imos rexistrando as que traemos. Xa temos moitas , pero ainda faltan para chegar a cen.
martes, 8 de febrero de 2011
Canto ocupa un cacahalote de 11 metros?
Limos no xornal que aparecera un cachalote varado que medía 11 metros.
Canto será iso?
Para sabelo temos que medir ata 11 metros.
Entrará na nosa clase? parece que non, pois imos fóra a ver o que ocupa.
Despois traballamos a noticia do xornal buscando os datos que nos interesan.
Froitas divertidas
lunes, 7 de febrero de 2011
Feliz Cumple CARLA e NICOLÁS!!!
Hoxe día 7 de febreiro Carla e Nicolás celebraron o seu 4º aniversario. Mirade a festa que montamos!
sábado, 5 de febrero de 2011
Flota ou Afunde?
Seguimos a experimentar coas cousas que flotan e as que afunden. No anterior experimento vimos que as cousas flotaban ou non según o material de que estaban feitas.
Pero parece ser que non é así exactamente.
Comprobamos que a mesma cantidade de plastilina flota ou afunde según a forma que teña. Cando facemos un barquiño coa bola flota porque os barcos "nunca afunden".
martes, 1 de febrero de 2011
Traballando os contos
Os contos están presentes todos os días , mirade cantas cousas traballamos a través deles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)