jueves, 27 de diciembre de 2012

SUBIU-BAIXOU ...POLA ESCALEIRA

Esta é a divertida repetición dunha historia que ten lugar nunha escaleira.

Subiu, subiu, subiu ...
                           
                            

Baixou, baixou, baixou ...


                            


VER AQUÍ

miércoles, 26 de diciembre de 2012

I am a little Snowman

Este é o título da canción que interpretamos con Maica no Festival de Nadal.
Aquí tedes o proceso de como fixemos os botóns do Snowman.


E aquí a canción :

Árbore Problemática

Nestes días de Nadal presentóusenos un problema matemático:
Queremos facer unha árbore de Nadal como esta :


e só temos tres depresores:


Como faremos ?


martes, 18 de diciembre de 2012

Adiviñas Prehistóricas

Hoxe , aproveitando o EncontXo na biblioBN, xogamos cos compañeiros das outras aulas ás adiviñas. Practicámolo coa adiviña prehistórica que preparamos con Patricia e ensaiamos con Soraya.

jueves, 13 de diciembre de 2012

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Atentado contra o Patrimonio Prehistórico



Rescatan en O Saviñao la tapa de un dolmen que se usaba de abrevadero.




El dolmen de Abuíme está desprovisto de su cubierta.
VER NOTICIA


 
Este é o titular que recollía a noticia dun atentado contra o Patrimonio cultural da nosa comunidade.
Estas accións poden impedir que nos acheguemos ao noso pasado .
Traballamos a noticia , a través das fotos deducimos que era unha pedra usada como bañeira ou lugar para beber os animais. Ao ler o titular confirmamos as nosas prediccións.Vemos que a pedra era a tapadeira dun dolmen, como o que nos ensinou Nicolás  Despois de ler e discutir, reescribimos.

               




lunes, 10 de diciembre de 2012

viernes, 7 de diciembre de 2012

FARINARTE

O pasado venres Patricia e Celia practicaron con nós o FARINARTE.
Rematamos así o fantástico traballo que Patricia preparou para nós arredor do consumo de fariña nos tempos prehistóricos.
Grazas a ela e a Celia por deixarnos desenvolver a nosa creatividade con productos tan cotiás.
De seguido a receita :



miércoles, 5 de diciembre de 2012

Visita á Fundación Novacaixagalicia

Hoxe viaxamos ata A Coruña para visitar a Fundación Novacaixagalicia onde disfrutar e aprender na exposición "O Espello do Pintor" 
Tamén tivemos unha grande sorpresa, ao atoparnos cunha mostra fotográfica dos Petroglifos de Campo Lameiro.
Pasamos unha mañá fantástica, con paseiño incluído polo Cantón, na que, unha vez máis, recibimos felicitacións polo bo comportamento.
Estas son as tarxetas identificativas que decoramos cun dos cadros de Granell.



E de seguido a reportaxe gráfica da saída.

domingo, 2 de diciembre de 2012

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Descubrindo a Granell

A biblioBN convídanos a preparar a visita á exposición de Eugenio Granell e aquí están os primeiros descubrimentos que fixemos nun dos seus fantásticos cadros.

                             



Aparece unha cornamenta en Barrionovo

Hoxe na escola apareciu unha cornamenta que promoveu unha animada discusión. Ao final Patricia descubriu que os cornos llos trouxera o seu papá desde Cáceres.


Estas son as nosas reflexións.





    Buscamos o lugar de procedencia da cornamenta.




                           Escribimos o acontecido.





martes, 27 de noviembre de 2012

Manolito´s Dream

                         
Manolito's Dream from AllaKinda on Vimeo.

Moendo como na Prehistoria

Como xa sabedes, Patricia amosounos unha noticia que contaba que os homes do Paleolítico xa facían fariña. 
Partindo do conto da galiña Marcelina, aprendimos o ciclo do trigo ata que se convirte en fariña.
Despois, cunhas pedras e uns grans de trigo, probamos como farían no Paleolítico para moer o trigo e conseguir a fariña.


Grabando ... a Warhol

Recreamos a lámina do Beizos de Andy Warhol grabando a dúas tintas.


jueves, 22 de noviembre de 2012

No Día da Música ...


...Un conto  con música
Porque a música tamén está nas palabras.
GRAZAS A IVÁN E AIDA



Dieta de hai 30.000 anos

Hoxe, Patricia achegounos unha noticia en formato sorpresa. Fixo que pensaramos moito , para descubrir o que se agochaba.
Despois de moito opinar e debatir, descubrimos que os homes do Paleolítico, aínda que andaban de acó para acolá, xa eran quen de facer fariña coas prantas.
Traballamos a noticia do xornal dixital EL MUNDO.es buscando as palabras clave : DIETA, HARINAS, PALEOLÍTICO, NEOLÍTICO.



martes, 20 de noviembre de 2012

Práctica lectora Mércores e Xoves

CÉRVIDO

Seguimos as pegadas ata a biblioBN e atopamos que correspondían a un cérvido. Recreamos a lámina empregando cera branda e unha auguada de barro.

O lápis que non sabía escribir

Despois de ver a curta "O lapis que não sabia escrever" , comentamos a fermosa lección que nos amosa: como os demais lapis AXUDARON, APOIARON, ANIMARON E APLAUDIRON ao lapis vermello para que APRENDERA.
Palabras en maiúsculas para unha ensinanza MAIÚSCULA.








lunes, 19 de noviembre de 2012

ACTA DO DÍA

O venres pasado María José non estivo na escola e o seu alumnado, coa axuda de Patricia e Celia, decidiron levantar acta da xornada para, hoxe luns ,contarlle todo o que fixeron.



Hombre Luna

Este venres Patricia, a nosa profe de prácticas, achegounos a fabulosa historia do "Hombre Luna".
A través da lectura coñecemos as fases lunares, pero tamén algo moi importante:que o descoñecemento e a incomprensión de algo poden levar á inxustiza.
Para que nunca nos suceda como ao protagonista do conto, aprendamos a preguntar e indagar antes de xulgar. Os nosos prexuízos poden facer moito dano aos demais. 
O conto servíunos para traballar, ademais de valores, as fases lunares, o texto narrativo, a poesía e a arte.


miércoles, 14 de noviembre de 2012

lunes, 12 de noviembre de 2012

O Dolmen de Nicolás

Nicolás fixo con papá un Dolmen e trouxo información sobre esta construcción prehistórica para compartir con todos nós.

Dolmen de Dombate