jueves, 27 de diciembre de 2012

SUBIU-BAIXOU ...POLA ESCALEIRA

Esta é a divertida repetición dunha historia que ten lugar nunha escaleira.

Subiu, subiu, subiu ...
                           
                            

Baixou, baixou, baixou ...


                            


VER AQUÍ

miércoles, 26 de diciembre de 2012

I am a little Snowman

Este é o título da canción que interpretamos con Maica no Festival de Nadal.
Aquí tedes o proceso de como fixemos os botóns do Snowman.


E aquí a canción :

Árbore Problemática

Nestes días de Nadal presentóusenos un problema matemático:
Queremos facer unha árbore de Nadal como esta :


e só temos tres depresores:


Como faremos ?


martes, 18 de diciembre de 2012

Adiviñas Prehistóricas

Hoxe , aproveitando o EncontXo na biblioBN, xogamos cos compañeiros das outras aulas ás adiviñas. Practicámolo coa adiviña prehistórica que preparamos con Patricia e ensaiamos con Soraya.

jueves, 13 de diciembre de 2012

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Atentado contra o Patrimonio Prehistórico



Rescatan en O Saviñao la tapa de un dolmen que se usaba de abrevadero.




El dolmen de Abuíme está desprovisto de su cubierta.
VER NOTICIA


 
Este é o titular que recollía a noticia dun atentado contra o Patrimonio cultural da nosa comunidade.
Estas accións poden impedir que nos acheguemos ao noso pasado .
Traballamos a noticia , a través das fotos deducimos que era unha pedra usada como bañeira ou lugar para beber os animais. Ao ler o titular confirmamos as nosas prediccións.Vemos que a pedra era a tapadeira dun dolmen, como o que nos ensinou Nicolás  Despois de ler e discutir, reescribimos.

               




lunes, 10 de diciembre de 2012

viernes, 7 de diciembre de 2012

FARINARTE

O pasado venres Patricia e Celia practicaron con nós o FARINARTE.
Rematamos así o fantástico traballo que Patricia preparou para nós arredor do consumo de fariña nos tempos prehistóricos.
Grazas a ela e a Celia por deixarnos desenvolver a nosa creatividade con productos tan cotiás.
De seguido a receita :



miércoles, 5 de diciembre de 2012

Visita á Fundación Novacaixagalicia

Hoxe viaxamos ata A Coruña para visitar a Fundación Novacaixagalicia onde disfrutar e aprender na exposición "O Espello do Pintor" 
Tamén tivemos unha grande sorpresa, ao atoparnos cunha mostra fotográfica dos Petroglifos de Campo Lameiro.
Pasamos unha mañá fantástica, con paseiño incluído polo Cantón, na que, unha vez máis, recibimos felicitacións polo bo comportamento.
Estas son as tarxetas identificativas que decoramos cun dos cadros de Granell.



E de seguido a reportaxe gráfica da saída.

domingo, 2 de diciembre de 2012