domingo, 29 de abril de 2012

Fogo Nicolás !

Para que vaiades ensaiando este divertimento, con música de Xosé Manuel Budiño e factura de Celtic Roots. Un ambicioso proxecto educativo europeo no que participaron o colexio Humberto Juanes de Nigrán, a St. John`s Primary School of Manchester (Inglaterra) e a St. Cronan´s School de Bray (Irlanda). O obxectivo deste proxecto é afondar nas raíces culturais comúns destes tres países.


                     


                               O xogo de linguaxe está en marcha.

viernes, 27 de abril de 2012

Manto de Klimt

Queremos recrear o cadro de Gustav Klimt "El Beso". Primeiro temos que estampar o manto empregando as formas do cadro. Para elo os da aula de 5 fixeron varios tampóns con materiais de refugallo.
Entre os de 4 e os de 5 empezamos a estampación.


                      

jueves, 26 de abril de 2012

Seguimos Contando

             Na biblio BN e grazas ás familias seguimos contando moito

Ver Aquí

Concurso Mellor Periodista

Hoxe estivemos buscando noticias para participar no concurso do programa prensa-escuela e cubrindo a plantilla de participación.


                        
                 

miércoles, 25 de abril de 2012

Fragas do Eume

As viñetas de Pinto & Chinto no xornal servíronnos para traballar o incendio das Fragas do Eume.Nunha delas substituimos o animal que provocou o incendio por un dos animais que habitan estas fragas, na outra reforestamos plásticamente.



Abrimos a Biblio...

Ver Aquí

Felicidades Icía !!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Icía que nos agasallou cunhas riquísimas pastas e unhas bolsiñas cos nosos nomes cheas de agasallos.
Grazas a Icía e a súa mamá polo seu traballo.



                                    

domingo, 22 de abril de 2012

sábado, 21 de abril de 2012

Bosques de Klimt

Recreamos o cadro de Klimt empregando bastoncillos e témperas. Os troncos das árbores fixémolos imprimindo con ceras nun filio sobre a cortiza dunha árbore.




Sacándolle os dourados a Klimt

Cunha blonda dourada e un permanente negro fomos quen de sacarlle os dourados ao mísmisimo Gustav Klimt.



                          

miércoles, 18 de abril de 2012

Lendo KOROKORO

O Ábrete Libro trouxo a maravillosa historia de "KOROKORO" e nós contámola a nosa maneira aos compañeiros.
Grazas a Aida, na hora TIC, editamos un vídeo para compartir estos momentos de lectura autónoma.


   

lunes, 16 de abril de 2012

Así vai o horto

Hoxe baixamos a colocar unhas pedras, que trouxo Sara, arredor do estanque. Así puidemos comprobar que a auga destes días serviu para que no horto abrollaran os bulbos e as sementes das leitugas.



viernes, 13 de abril de 2012

Thank you Pilar

Hoxe despedimos a teacher Pilar, queremos darlle as grazas por formar parte, desde este momento, das nosas vidas. 
A vida vaise tecendo coas pegadas que en nós van deixando todos os que por ela pasan. Unha desas pegadas é Pilar , polo seu cariño, por ser divertida, por aprendernos tantas e tantas cousas, por formar xa parte do noso andar pola vida ... por todo esto e máis...

                                      GRAZAS PILAR!!!




                        

miércoles, 11 de abril de 2012

Abril

Ver Aquí

O Merlo Rieiro

Hoxe, grazas á axuda de Verónica e Manuel, coñecimos ao Merlo Rieiro que nos levou a dar unha volta polo río Mandeo e con él aprendemos un montón de cousas sobre a auga, os ríos, os habitantes dos ríos, os usos da auga e a necesidade de facer un consumo responsable desta e protexer os seus ecosistemas.
Esta á unha iniciativa do Proxecto Mandeo e as unidades didácticas que desenvolve.



lunes, 9 de abril de 2012

Fantasías de Lugrís

 Este é o caderno que levamos cos traballos arredor da obra de Urbano Lugrís.




                         

martes, 3 de abril de 2012

Bosque Press

        Xa está a vosa disposición no blog de Voz Natura o Bosque Press.





Ver Aquí



Máis en "Preparando un Bosque Press"

Happy Easter !!!

O venres celebramos no cole unha busca de ovos de Pascua. Nas aulas apareceron unhas pistas, en inglés e galego, que nos indicaban o lugar onde debiamos buscar os ovos.
Preparados coas nosas cestiñas de reciclaxe pasamos un bo rato buscando no bosque de Barionovo.
Estas foron as nosas pistas:

    Na árbore da vida,                                                 In the tree of life
 hai unha sorpresa escondida.                               there´s a hidden surprise.



    No camiño que non ía a nigures               On the road that went nowhere
            uns ovos se perderon,                                    eggs were lost
   os nenos que foron quen de atopalos,            children who find them
            despóis os comeron.                                           ate them all.



         No niño de Barrionovo                               In the nest of Barrionovo
       o chocolate nace dun ovo.                      chocolate comes from an egg.






lunes, 2 de abril de 2012