martes, 30 de octubre de 2012

Traballo de Xogo a Ler

O luns explicamos aos compañeiros o traballo, que fixemos na fin de semana, co Xogo a Ler. Este curso temos máis cousas que buscar e completar.









MUCHO DINERO EN PASTORIZA

Este é o titular, que decidimos entre todos, co que encabezamos a rescritura dunha noticia que falaba do noso lugar.
Tras buscar no xornal as palabras clave, escribimos o titular e o pé de foto consensuado. Despois, individualmente, ilustramos e escribimos.











QUE MEDO DE CONTOS !

Recibimos a invitación da BiblioBN para ver a exposición Que Medo de Contos ! . Despois de pasar un rato de  terrorífica lectura escoitamos a poesía El Miedo ,que  traballamos na aula.

sábado, 27 de octubre de 2012

Xogo a Ler

Este venres empezamos co préstamo para a casa do Xogo a Ler . Estrenamos cadernos nos que teremos que aportar máis datos sobre os libros que escollimos e rexistramos na aula.
Queremos agradecer, un ano máis, á Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia o envío das bolsas de préstamo.







viernes, 26 de octubre de 2012

Mapa da Prehistoria

Hoxe coñecimos outro tipo de mapas : os mapas históricos. Na clase temos un mapa da prehistoria europea con fotos e un montón de símbolos que iremos interpretando pouco a pouco e que de seguro nos axudarán a coñecer máis desta época.


Máis Mamuts

Seguimos a traballar cos Mamuts do Bestiario. Hoxe fixémolo con lápis de carboncillo e difuminamos con algodón.

jueves, 25 de octubre de 2012

Paula Informa

                        

Pegadas Prehistóricas

Aparición na escola de pegadas, que nos levaron ata a BiblioBN, e que algúns recoñeceron como de Mamut.
Alí atopamos o Bestiario de la Prehistoria que tiña na portada un mamut ao que despois demos cor cun lápis sanguina.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Pulverizando con ARTE

Partindo da idea dun libro de Eric Carle , decidimos facer Arte empregando pulverizadores con témpera aguada.
Sobre un folio colocamos un anaco de papel, pulverizamos, deixamos secar, quitamos o papel deixando o vacío e pegámolo nun folio para debuxar a partir del.

 

Para nós a BiblioBN é ...

Hoxe, Día da Biblioteca, debuxamos e escribimos o que para nós significa a nosa Biblioteca. 

                           

lunes, 22 de octubre de 2012

Anterior e Posterior

Hoxe estivemos a traballar o anterior e posterior cos nosos números de lista. Primeiro debuxamos e decoramos os números e despois xogamos todos e completamos a planilla.



sábado, 20 de octubre de 2012

miércoles, 17 de octubre de 2012

Érase una vez el hombre

Aquí tedes o episodio de Érase una vez el hombre que hoxe vimos na BiblioBN.


EXPERTOS EN PREHISTORIA

Chegan as primeiras informacións familiares sobre o proxecto.
Claudia buscou información con mamá en internet e Camilo foi á Biblioteca Municipal e pediulle á bibliotecaria libros que falaran da Prehistoria. Os dous compartiron con todos as cousas que averiguaron en familia.
Despois subimos á BiblioBN para ver os episodios de Érase una vez el hombre que facían referencia ao que nos contou Camilo.

                            
                            















sábado, 13 de octubre de 2012

Un Neno da Prehistoria

Este é o título do conto que escoitamos o venres na BiblioBN. E aquí tedes as ideas que sacamos da historia de Pedro, un neno do Neolítico, hai moitíiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo tempo.



jueves, 11 de octubre de 2012

Recta Numérica


Repartimos os números ata o 30 e , entre todos , ordenámolos formando unha recta numérica. despois rexistrámolos diferenciando as decenas das unidades.


                              

lunes, 8 de octubre de 2012

O SIGNIFICADO DAS PALABRAS

Queremos coñecer o significado da palabra PREHISTORIA. Como facelo? Onde buscamos?
_En Internet !!!
Nalgún outro sitio?
_Nun libro
En que sitio do cole podemos buscar?
_Na BiblioBN

Subimos á biblio e buscamos libros gordos que teñas moitas palabras, os DICCIONARIOS.
Como o que ten a irmán de Sara na casa para estudiar.
Alí vemos moitísimas palabras acompañadas da súa explicación.
Buscamos o significado de Prehistoria.
Despois buscamos en internet, na Wikipedia, e vemos que os significados coinciden.
Así sabemos que a Prehistoria é o tempo que vai antes de que os homes empezaran a escribir.
Rexistramos o buscado.





EL TIBURÓN VOLADOR

Este é o título que escollimos ao escribir, entre todos, a historia que contaba a curta Big Catch, que podedes ver no post anterior.


Cando vimos esta imaxe, antes do visionado da curta, anticipamos que a historia falaba dun tiburón que quería comer ao señor. Este non se entera porque está pescando e escoitando musica.

Este é o texto que escribimos entre todos.


viernes, 5 de octubre de 2012

Barro... A Toda Cor

Pintamos unha cartolina con barro batido e cando seca debuxamos sobre él con ceras brandas.

                             

CarbónARTE

Hoxe  pintamos con carbón vexetal, como farían nos tempos prehistóricos, cando non había as pinturas tal e como nós as coñecemos.
Que é iso do Carbón Vexetal ? 
É fácil de adiviñar ao ver un dos anacos que mostra os aneis dun tronco de árbore. Supoñemos , así, que o carbón ven dos restos de madeira queimada.
Para que todo resulte moi natural, pintamos co carbón sobre papel reciclado.


                              

jueves, 4 de octubre de 2012

martes, 2 de octubre de 2012

Dedos ... Año ... Uno

Qué relación hai entre estas tres palabras., nós soubémolo antes de ler o libro. E ti ... ?
Si queres sabelo ...

PINCHA AQUÍ