miércoles, 28 de noviembre de 2012

Descubrindo a Granell

A biblioBN convídanos a preparar a visita á exposición de Eugenio Granell e aquí están os primeiros descubrimentos que fixemos nun dos seus fantásticos cadros.

                             



Aparece unha cornamenta en Barrionovo

Hoxe na escola apareciu unha cornamenta que promoveu unha animada discusión. Ao final Patricia descubriu que os cornos llos trouxera o seu papá desde Cáceres.


Estas son as nosas reflexións.





    Buscamos o lugar de procedencia da cornamenta.




                           Escribimos o acontecido.





martes, 27 de noviembre de 2012

Manolito´s Dream

                         
Manolito's Dream from AllaKinda on Vimeo.

Moendo como na Prehistoria

Como xa sabedes, Patricia amosounos unha noticia que contaba que os homes do Paleolítico xa facían fariña. 
Partindo do conto da galiña Marcelina, aprendimos o ciclo do trigo ata que se convirte en fariña.
Despois, cunhas pedras e uns grans de trigo, probamos como farían no Paleolítico para moer o trigo e conseguir a fariña.


Grabando ... a Warhol

Recreamos a lámina do Beizos de Andy Warhol grabando a dúas tintas.


jueves, 22 de noviembre de 2012

No Día da Música ...


...Un conto  con música
Porque a música tamén está nas palabras.
GRAZAS A IVÁN E AIDA



Dieta de hai 30.000 anos

Hoxe, Patricia achegounos unha noticia en formato sorpresa. Fixo que pensaramos moito , para descubrir o que se agochaba.
Despois de moito opinar e debatir, descubrimos que os homes do Paleolítico, aínda que andaban de acó para acolá, xa eran quen de facer fariña coas prantas.
Traballamos a noticia do xornal dixital EL MUNDO.es buscando as palabras clave : DIETA, HARINAS, PALEOLÍTICO, NEOLÍTICO.



martes, 20 de noviembre de 2012

Práctica lectora Mércores e Xoves

CÉRVIDO

Seguimos as pegadas ata a biblioBN e atopamos que correspondían a un cérvido. Recreamos a lámina empregando cera branda e unha auguada de barro.

O lápis que non sabía escribir

Despois de ver a curta "O lapis que não sabia escrever" , comentamos a fermosa lección que nos amosa: como os demais lapis AXUDARON, APOIARON, ANIMARON E APLAUDIRON ao lapis vermello para que APRENDERA.
Palabras en maiúsculas para unha ensinanza MAIÚSCULA.








lunes, 19 de noviembre de 2012

ACTA DO DÍA

O venres pasado María José non estivo na escola e o seu alumnado, coa axuda de Patricia e Celia, decidiron levantar acta da xornada para, hoxe luns ,contarlle todo o que fixeron.



Hombre Luna

Este venres Patricia, a nosa profe de prácticas, achegounos a fabulosa historia do "Hombre Luna".
A través da lectura coñecemos as fases lunares, pero tamén algo moi importante:que o descoñecemento e a incomprensión de algo poden levar á inxustiza.
Para que nunca nos suceda como ao protagonista do conto, aprendamos a preguntar e indagar antes de xulgar. Os nosos prexuízos poden facer moito dano aos demais. 
O conto servíunos para traballar, ademais de valores, as fases lunares, o texto narrativo, a poesía e a arte.


miércoles, 14 de noviembre de 2012

lunes, 12 de noviembre de 2012

O Dolmen de Nicolás

Nicolás fixo con papá un Dolmen e trouxo información sobre esta construcción prehistórica para compartir con todos nós.

Dolmen de Dombate
                                             




viernes, 9 de noviembre de 2012

Nota do Magosto





DÍA 15, HAY QUE TRAER UN CUENCO 
PARA COMER LAS CASTAÑAS.
FESTA DAS CASTAÑAS

Prehistoria Atlántica

Empezamos a traballar a noticia de Emma buscando no mapa de Galicia as Illas Atlánticas e localizando, no infograma, os lugares e periodos correspondentes ás excavacións que alí se están a desenvolver.





BISONTE

Novas pegadas lévannos ata a biblioBN onde descubrimos, no Bestiario de la Prehistoria , a quen pertencen.
Damos cor ao bisonte empregando carboncillo e sanguina.

jueves, 8 de noviembre de 2012

ticsBN

Blogue de TICS, enlazado na biblioBN, no que Aida colga os recursos cos que traballades.

ticsBN

Canto mide ...?

... un Austrolopithecus. Usamos unha lámina da Enciclopedia Británica para transformar, mediante a escala que aparece nela, a medida da imaxe nunha medida real.
Aprendemos así o valor das escalas , que vemos que tamén aparecen nos mapas que temos na clase.
Sumamos todas as medidas (sendo nós as cantidades) e calculamos que os Austrolopithecus medirían sobre 140 cm (menos que o home actual)
Comparámonos con eles e observamos que aínda temos que "evolucionar" un pouco.

Noticias do Austrolopithecus

Continuamos co traballo da noticia que trouxo Sara sobre os Austrolopithecus.
Buscamos no mapa Suráfrica, lugar do xacemnto e despois reescribimos a noticia.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Isleños de hace 13.000 años

Este é o titular da noticia que trouxo Emma do xornal La Opinión , sobre os xacementos prehistóricos das Illas Atlánticas.Nestes atoparon restos de habitantes do Paleolítico e do Neolítico.

                                           

                                   









Mañá a Traballar!















NOVEMBRO

VER AQUÍ

martes, 6 de noviembre de 2012

AUSTROLOPITHECUS

Traballando a noticia que trouxo Sara, descubrimos o traballo dos paleontólogos que, en Sudáfrica, buscan o eslabón perdido. Nos xacementos desta zona apareceron os restos do Austrolopithecus, que colocamos na Árbore Evolutiva tras averiguar que viviron fai 3 millóns de anos.





EL VIAJE A LA LUNA

Este é o título que escollemos para a actividade de escrita da curta LA LUNA.
Despois da escrita colectiva do texto, ilustramos e escribimos ao noso gusto.



lunes, 5 de noviembre de 2012

La batalla por el eslabón perdido

Información que trouxo Sara do XLSemanal  arredor do traballo dos Paleontólogos , con disputas incluidas.
Fala do descubrimento en Suráfrica (Sterkfontein-Patrimonio da Humanidade) de restos de  Austrolopithecus nos que queren atopar o eslabón entre o mono e o home.

                     



                           

        

MAÑÁ A TRABALLAR SOBRE O TEMA !

Noticias Prehistóricas

Esta fin de semana apareceron nos xornais varias noticias relacionadas co proxecto deste curso. Emma e Sara leron as noticias en familia e hoxe as compartiron con todos.
Durante a semana traballaremos sobre os paleontólogos  e a prehistoria galega, partindo do xornal.


sábado, 3 de noviembre de 2012

LA LUNA

                 
                                                                                                   La Luna - Pixar por Spi0n



VÍA TRAFEGANDO RONSEIS